Boa tarde a todos e todas!
Hoxe tiña moitas ganas de colgar algo por aquí. Para os que non o coñezades "Puedes contar conmigo" é un conto moi chulo que fala dunha formiga chamada Julia que de repente non quere ir ao cole. ¿Por que será?
Mari Carmen González, profe de infantil e autora do cole envioume hai un tempo a canción do conto e eu animeime a poñerlle voz e uns pequenos arreglos. Hoxe 2 de Maio, Día Internacional Contra o Acoso Escolar, en colaboración con outras profes e contas de educación en redes sociais, sube este vídeo tan fantástico que ides ver a continuación. Se recoñecedes a alguén, deixádemo en comentarios. Agardo que vos guste e lembrade que podedes contar comigo!
Moreas de apertas
Antía
Comments